Sabemos que o partido será,de 2 tempos de 35 minutos cada un, xa que andan xustos de efectivos. Por certo, eles van ir de Branco, a máis de un non nos fai gracia esa cor, así que a desfogar XDDD
por último, comunicar que a xente se buscou a vida ao seu xeito:
Galifar, Verónica, Rumal, Paula e Brea ---> (Van directos ata ao campo, nos seus respectivos coches)
Jonsalo ---> (O leva o pai directo ao campo tamén)
Rac ---> (Vai tamén directo con Rebo ao campo xa que lle teño que da-la equipación aínda)
Jou ---> (Tamén vai directo, por asuntos propios)
Deixamos posta a lista de convocados confeccionada polo mister Rac, asi como as diversas tácticas que utilizaremos:
1. Carlos Reboreda --> Vigo
2. Rumal --> O Corgo
3. Galifar --> Ourense
4. Verónica --> Vigo
6. Racinguista --> Ferrol
7. Kpasajou --> Galanas
8. Gonzalo --> Ponteareas
9. Paula --> Ordes
10. Brea --> Oza
E para remata-la rolda de prensa o mestre Rac deixounos unha pincelada do que pode se-la alineación titular para que os protagonista poidan se queren opinar sobre a súa posición e darlle ideas ao míster (como quere que se dirixan a él a partires de agora xD):

ros porque o mestre Rac. prefire que metamos o cu atrás e saír as contras xD.
Sen máis un cordial saúdo a todos. E noraboa aos convocados xD.
Como jonsalo se explica como o cú, aproveito a súa montaxe para que vos fagades unha idea.
Saúdos. Rac
18 comentarios:
Jonsalo por alusións, aínda que cho dixen polo msn, direicho por aquí para que todos o lean.
Que xogemos sen dianteiro, non renunciamos ao ataque, temos bandas rápidas polo menos eso me dixeron os protagonistas porque eu non vin a ninguén.
Empezo por liñas. Na porta está claro non? XD.
pasemos á defensa, rumal díxome en varias veces que él prefire lateral dereito que ten recorrido. Despois metín a jou de central porque é o unico profesional de nós e para que axude a galifar que o metín na esquerda xa que non quería de central.
Vou para o centro. Tentei de buscar velocidad nunha banda contigo, porque sen con 15 ou 16 anos non tes velocidade machiño apañaos vamos... XDDDD. E na outra igual, só q brea polo visto é ambidiestro. E por último eu me puxen no medio, medio porque xa te dixen que cando xogaba o facía en calquera liña da defensa ou de medio.
e como ben te dixen, sempre fiándome de vos, ti terías máis movementos para ir arriba, xa que estás ben cuberto por rumal. E brea o mesmo porque con jou e gali se ocupan da esquerda. o que non subiría tanto sería eu.
En definitiva, como se pode ver na gráfica que puxen eu. Cando ataquemos sería unha especie de 3-1-2, mentres que á hora de defender un 3-3-0
Saúdos. Rac (o mister)
plas plas plas plas plas, como se explica o mister, notase que é da canteira dos veigas! jajaja.
bien mister bien.
a por eles oeeeee, a por eles oeeeeee. xDxD
Vale míster, agora quedoume clarísimo. En Abril arrasamos en Santiago!!
Saúdos!
Segundo o gráfico eu teño pouca movilidade :-)) Unha cousa é pouco recorrido e outra estar estático como unha pedra :-)
gali, macho q retorcido eres XDDD. Como me dixeches que ti coa esquerda pois non tes recorrido, por iso non che puxen por exemplo como a rumal na outra banda que si que o ten, pero tampouco vas estar estático oh. Farías labores máis defensivas ao non subir tanto, ok?.
Saúdos, Rac
moi bn explicado. xd
pero pediriavos q a vr se o partido puidera ser antes do dia 4 de abril, xa q o dia 7 empezo as practicas e non poderia ir (se aprovo todo claro, xd)
Saudos
O Capitán que propoño eu, é Jou, xa que é o único profesional en activo de tod@s nós.
Saúdos. Rac
Eu propoño como capitán o seguinte xogador.
6. Racinguista (procedente de Ferrol)
En xeral por varios motivos:
Pq é o que máis curra...buscou a camisetas, logo as medias...
Pq é o cerebro deste equipo...cada día se lle ocorre unha idea.
Pq é o mister e hai que facerlle a rosca.
E por último porque me gustou o seu dorsal.
Ala, con dios xD
Un saúdo amigos!!
PD: Sego falando coa fulana de Vodafone (coa que xa quedei para o sábado xD)....a ver se colle o dono do movil dun vez e temos campo.
Eu propoño como capitán a Racinguista. Se se celebra este partido é en gran parte (grandísima parte) gracias a el.
Eu propoño como capitán -a falta do noso Danieliño- a Racinguista.
Eu de capitán ía propoñerme a MIN, para ser a vosa Carme Chacón particular.
Pero sabendo que o Racinguista levou todo o traballo... eu tamén voto por el.
RACINGUISTA CAPITÁN!
-Verónica.
eu como capitan propoño a vero:
é a unica muller entre varios omes, vai ser a unica que poña algo de cordura no equipo, pq as mulleres teñen mais dote de mandato, xD
propondria a RAC pero xa é o mister e non pode ir abasallando cargos, xD
ai, tamen esta paula, non me din conta. pero sigue a miña proposta de veronica, que paula é do ordes e non lle cae ben o cidade, ala. xDxD
pois eu despois d pnsalo mditadmnt durant 2 min decidin propoñer a Rac. xq basicmnt o fixo el todo.
un saudo
bien,nadie conta comigo,jajaja
pois jou,eu votote a ti,con cariño,xo sabes,XDXD
jaja jouu!!!! aii mal non me caen oh pero é un rival ahíi !!!
Pois eu propoño a Racinguista! polo traballo todo que pasou!
:) vémonos ste venres logo!
paula.
Pois unha vez votados todos, o capitán serei eu. Levarei un brazalete cunha @ XDDD, dicir que de 2º capitán irá jou, xa que tamén saiu elixido, por se houbera lesión, cambio ou como xa dixo algún enajenación mental do 1º capitán. Veña gracias a tod@s e ata o Venres.
Saúdos, Rac.
Quedan 2 días!!!
A POR ELES!!!
Saúdos!
Publicar un comentario