Haber, pídenme que faga como unha rolda de prensa, para que non se comentan algúns dos erros de onte, no futuro.
Evidentemente non vou individualizar porque son moi esixente conmigo mesmo, e estiven PENOSO, as cousas clariñas.
Vaiamos ao tema, o partido arrincou ben, como eu vos dixen polo msn, cun 3-3-0 presionando cando se acercaban ao medio, e sen distancias entre liñas. Estivo ben incluso ata o 1-1.
Despois pois xa houbo máis distancia entre liñas, pases complicados a compañeiros (algún custou un gol), cando eu dixen que nada de compricacións patadón e para arriba. En fin que cada un se limitou a face-la guerra pola súa conta. De ahí o resultado de 5-1 ao descanso
No descanso intentamos cambiar, a un 4-2-0 que funcioou mellor, e tamén se notou que en cada equipo había un xogador máis. Pero o que non se fixo, foi o que dixemos na caseta, de tirar á porta para aproveitar as segundas xogadas.
Dacordo que Torres, estaba inspirado (seguro que se xogaba a paga do mes) pero non era Casillas.
Epor último, unha cousa que nos fastidou moito, foi á hora de face-los trocos: Temos que estar máis sincronizados, un non pode deixa-lo campo así porque sí, e ala entrar outro e xogar onde queras.
Temos que estudiar, ese tema. se entre un ou sae outro. Hai que reposicionarse, pero como ninguén avisaba, non se podía facer nada.
Veña, agardo que como me dixeches onte no msn. Isto serva para algo.
Saúdos, Rac
sábado, 26 de abril de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario