miércoles, 18 de abril de 2007

Fotos dos famosos 05/06

Aquí poremos un arquivo coas fotos dos famosos que fan a quiniela dende o estudo da Radio Galega no programa "Galicia en Goles".

O primeiro que se animou en face-la quiniela de GnG foi Matías Lequi, defensa central do Celta de Vigo.

A segunda quiniela do famoso estivo feita por Iago. Xogador nado na Coruña e militante no Deportivo B, pero a aposta de Caparrós pola canteira estase a gañar un posto como "creador" e titular no primeiro equipo.


Este Domingo tivemos que botar man de María Xosé Rodríguez compañeira da Radio Galega que fai o programa das noites dos Sábados e Domingos despois de GnG, có programa "Máis Berberechos".

Despois do derbi, Munitis visitou a Radio Galega. Munitis está a ser un dos mellores xogadores da temporada no Deportivo e isto vaille facer acreditar o seu segundo premio Zico, como mellor xogador dos blanquiazuis.
A quiniela desta semana estivo feita por Luciano, xogador do Pontevedra que se acercou o Sábado á Radio Galega para analizar o encontro que desputaban os seus compañeiros en Castillo e que acabou coa triste derrota dos granates por 1-0 que lles complica entrar na fase de ascenso.
Por falta de tempo, entre partidos importantes e equipos que xogaban todo en GnG a quiniela foi feita polo tándem Ana Varela & Cristina García. A primeira e a productora de GnG, mentres que a segunda fai "Máis Berberechos" xusto despois do programa. Veremos que sae desta primeira quiniela de segunda e de segunda B.
Esta semana visitou GnG Carlos Mouriño, o novo presidente do Celta que falou da actualidade do clube, fichaxes e novos proxectos para que ao final, como todos os invitados acabara facendo a primeira quiniela do famoso feita por un presidente.
O Domingo, Xosé Arenas, recibiu no estudo da Radio Galega o premio Zico como máximo goleador da terceira galega e comentar a actulidade das fases de ascenso, para facer despois a quiniela.
Para a última quiniela de GnG, que era mundialista decidimos que a tiñan que facer os expertos de GnG. Turnáronse entre tres e cada un dicía un recadro:
Comezou Xoán Galán director de GnG, que controla de tódolos deportes.
O segundo membro foi Xosé Manuel Traba, que en GnG, analiza o Deportivo en Riazor xunto con Xaime Arias, pero onte falou do mundial e de paso, fixo a quiniela.
E para rematar estivo Xurxo Otero, que é o analista do Celta, pero xunto
con Traba comentou o mundial e fixo a quiniela.

No hay comentarios: