sábado, 26 de abril de 2008

Dende outro punto de vista....

Onte foi unha tarde que todos recordaremos, dende que collemos o coche para chegar a Calo ata que Terio indicou o final de encontro e todos voltamos "rebentados" para voltar a casa.

Tarde de mil anécdotas que xa comenzaron cando meu e eu atopamos o campo a 1ª e sen preguntar, feito histórico no noso historial de viaxes en coche, todo grazas ao planazo de brea xD

Logo, presentacións e momentos "históricos", a primeira foto oficial, a primeira asistencia (do mestre Rac) e o primeiro gol (obra miña xD). E a primeira falta que acabou no cubo da basura como dixo jou e con Torres parando o mesmo pau. Todos recordaremos os paradóns de Reboreda e o rápido cambio de brea polo seu inesperado cansanzo xD O mesmo brea demostrou ser o máis supersticioso do equipo cambiando as botas no descanso, e sería por iso ou cousa de meigas pero melloramos todos na 2ª metade.

A charla do descanso tamén foi espectacular, parecía o mismísimo Xoán Veiga no vestiario de Calo, e o resultado da segunda metade espectacular. A frase de jou " Gonza vamos facer tiki-taka os dous" cumpliuse a perfección, aquilo parecía o Milan como dicía David Moldes co 4-4. Logo o peor momento da tarde co a lesión de Rebo( que esperemos que se poña bo pronto), pero o sabor amargo quitousenos a todo cando o "arqueiro de Calo" clavava a pedra que tiñabamos por balón dunha punta a outra do campo e Torres faciase o lesionado.

E acabouse o partido, o premio para o m.v.p foi devolver os balóns xD e resto marchamos para a casa. Pola noite continuamos coas risas polo msn, descubrimos os segredos dos macarróns (para o próximo partido todos a macarróns eh) e tamén os problemas que tivera o pobre de Rac coa comida, este Corredoira non sabía que facer para gañar xD

Evidentemente a prensa recolleu as nosas peripecias de todo tipo. Prensa de todos os ámbitos, así Marca.com titulaba hoxe:






A nivel galego, o Faro de Vigo tamén nos recollía na súa portada.





Xa a nivel local, o Diario de Calo tira para casa e destaca a súa nova estrela.

No hay comentarios: