Continuamos este arquivo de fotos con 3 colaboradores de GnG que fixeron a quiniela. Eles son: Toni López, Xaime Arias e Gonzalo Soto.
Novamente un trío de xente que participa en GnG, e que fai a quiniela. De esquerda a dereita: Roberto Carlos Carballo, Xoán Galán e Xavier Oreiro.
Esta semana fixo a quiniela Dani Casares, que é o que leva a realización técnica do GnG.
Por primeira vez cobramos (1´33€). Ten gracia, porque ao longo de todo este tempo, pasaron moitas persoas "entendidas" de fútbol, e acertamos có único que non ten idea... (XDDD)
Hoxe fixo para nós a quiniela,Chus Baleato, adestrador do Santa Comba. Convírtese así no primeiro adestrador en face-la esta temporada.
Gelucho, o ex-adestrador do Negreira tamén fixo a quiniela do famoso, aí tedes a súa foto nos estudos da RG.
Toni Ardá, o Adestrador de Negreira, foi o seguinte en colaborar con nós facendo a quiniela.
Esta semana, fixeron a quiniela un madridista, como Arbeloa, (agora deportivista) , e un barcelonista, Amador, o gran porteiro de Madrid e Barça.
Daniel Hofkamp, novo redactor de GnG que está en prácticas quixo probar sorte tamén.

Seguindo na liña de adestradores, agora imos có do Portovo, Pedro Ferreira que tamén visitou as instalacións da RG e aproveitou para face-la quiniela.

Nesta ocasión, o turno tocoulle a Tito Ramallo, adestrador do Fabril.

Outro que non deixou escapar a oportunidade, de facernos millonarios, foi Xosé Luis Vara.

Este Sábado, aproveitando a visita de Xosé Antón Cambón, que comentou os partidos de 1ª, tamén fixo a quiniela da semana que vén.

O Deportivista, Manuel Pablo, que saiu dunha longa lesión foi outro dos que pasou unha tarde galifante en GnG e como non podía ser menos tamén fixo a quiniela..

O adestrador do Cerceda, Ramiro Sorbet, foi outro dos que colaborou con nós facendo a quiniela.
.jpg)
Joan Capdevila, xogador do Deportivo, pasou por GnG e fixo para nós a quiniela.

O xogador do Celta, Gabi Tamas, pasou polos estudos de GnG para repasa-la actualidade do Celta, e fixo para nós a quiniela.

O seguinte en pasar foi Manuel Mosquera, adestrador do Cerceda e exfutbolista do Compostela (cando militou en 1ª) e do extremadura entre outros. Manuel estivo comentando os partidos do Sábado e ao remate, fixo para nós a quiniela.
Esta semán o invitado de GnG, foi Xulio Díaz, adestrador do Negreira. O Cal comentou os partidos da xornada de 1ª, e como soen facer case tódolos invitados, fixo a quiniela da peña.

Este Sábado, foi Xoan Laxes, o adestrador do Arousa, o que pasou polas instalacións de GnG, a comentar e analizar os partidos da xornada en 1ª división. E como non podía ser doutro xeito, non se lle escapou a Reboreda para face-la quiniela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario