A data do Venres 25 de Abril do 2.008 quedará para a historia, porque botou a anda-lo equipo dos Chateiros. En Calo, xogouse o partido ente a peña e a radio. Foi unha boa tarde, con boa compaña e con bo tempo, que aproveitamos para coñecernos personalmente. Algúns xa se coñecian, como Gonza e RAC pero outros non.
O partido comezou con movemento de balón por parte dos dous conxuntos, sobre todo polo conxunto da peña, ben dirixido por RAC no medio do campo. A pesares de levar tempo sen pisar o terreo de xogo, 5 anos creo que dixo, as mañas non as perdeu. O equipo da radio pechouse atrás e o único que facían era defenderse e saír a contra con balóns largos para o seu dianteiro, que estivo sempre ben defendido por Jou.
O equipo da peña comezou a adiantar liñas e a subir cada vez con máis xogadores ó ataque, de aí que as contras fosen cada vez máis perigosas xa que os folgos non daban para baixar a defender, xa que as xogadas non se materializaban.
4-1 era o resultado no descanso, e puideron ser máis de non ser por algunha boa intervención de Rebo, o gran porteiro que nunca estivo debaixo dos paus, algunha con patada na cabeza incluida.
Durante o descanso, a charla táctica impartida polo gran capi tivo un efecto positivo. O equipo comezou a atacar con máis gañas e a pecharse mellor atrás, deixaba a posesión ó equipo da radio e saía ás contras, é dicir, intecambiaron os papeis. Con eso, e coa inestimable axuda de david Moldes, o equipo da peña foi capaz de remontar e empatar o partido.
A desesperación deixábase notar na cara dalgún xogador da radio, que vía como se lle escapaba o partido, inclusive Terio botaba as mans á cabeza desde a banda (facía de adestrador deles debido a unha lesión).
Pero 2 fallos defensivos, e a lesión de Rebo (algo ten na rodilla, xa nos informará, pero boa pinta non tiña) fixo que o equipo da radio se puxera por diante. Aínda que rapidamente empatou Jou, cun bo gol desde a súa propia area no rexeite dun corner (pa min, e non por ser eu, foi o gol do encontro, xD), os da Radio acadaron dous goles máis ó seu favor.
Polo tanto, un partido entretido, feito para pasar a tarde entre amigos e coñecernos personalmente que, polo menos pola miña parte, había moitas gañas de facelo.
Desde aquí, e xa como nota persoal, querovos dicir que a tarde foi estupenda, e que me alegrou moito coñecervos personalmente, xa que o do Chat a veces queda algo frío.
Pois iso; RAC (gran capi), Gonza (piscinas), Rumal (ese duro lateral), Galifar (o mestre da banda esquerda), Rebo (porteiraso), Paula (para ser do ordes aínda lle das ben) e Vero (a alegría en persona) quedei encantado de coñecervos e de pasar esta tarde tan agradable con vós, e esperemos vernos outra vez algún día, Terio xa nos citou para o 12 de xuño no Palacio de Congresos de Santiago para a festa de GnG, haber se podemos ir e nos volvemos a ver, que sería unha boa cousa. Espero que pensedes coma min e o vos gustara a tarde, a pesares do calor e do resultado, que para min era o de menos.
Un saúdo a todos.
Jou
sábado, 26 de abril de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
ME ALEGRO MUCHO QUE COMPARTIERAN UNA HERMOSA TARDE ..........HACIENDO ALGO QUE TANTO LES GUSTA!!!!!!!!!!!!!!!...........FUTBOL!!!!!!!!!!!
BICOS PARA TODOS ...UNO ESPECIAL PARA ESE LATERAL IZQ....
Ese m.v.p!!! Evidentemente ese foi o gol do partido. Aínda que o 4º co centro teu tamén foi unha boa xogada de equipo.
Eu tamén o pasei xenial, foi un tarde estupenda que haber se repetimos co triungular este...ademais como Rac lle deu a camisola a Corredoira para facer a pelota...jajaja
Pois hala aquí deixo o meu comentario e vou durmir que hoxe estou baldado.
Saúdos do pichichi!! =)
Eu e se que serva de precedentes douche a razón Jou XDDD.
Tiña gañas de coñeceros a Paula, brea e a ti porque aos demáis xa os vira (non estou dicindo que non me alegrara de veros a vos tamén XDDD) a mágoa foi que apenas puidemos falar. Así que espero que fagamos unha KEDADA para a gala e xa máis tranquilamente falar tod@s.
Logo no que foi o día en xeral para min un 10.
cheguei cedo a Stgo, había quedado con Rebo e o 1º que fixemos foi unha primeira toma de contacto con JUANITO. Estivemos un rato con él, e xa para a radio. Mentres Rebo chollaba, eu ás veces miraba, aproveitaba para falar coa directiva da Rg; é dicir Terio.
O cal ten moito mérito, porque o mesmo que fixemos nós nun blog, o fixo él na servilleta dun restaurante que non me deu tempo a ler porque non me quería dar pistas XDDD. É dicir tiña aos convocados e como ían xogar.
A iso das 15:00h saímos da RG, porque precisamente lle meteron máis chollo que nunca (un tanto sospeitoso...).
E vímonos con JUANITO nun restaurante de por alí preto para facer comida de fraternización, a base de almeixss, calamares, pulpo (Un servidor tivo que tomar sal de frutas ao chegar a casa XDDD).
Un gran personaxe este JUANITO, ao que vos emprazo que o coñezaces na gala, porque non ten nada que ver có que escoitamos pola radio.
Así que entre, prato e prato, anécdota tras anécdota, se eu era o que o poñía a parir...etc.
En fin moito cachondeo, eran xa as 16:20h. Boa hora para ir botar a sesta có bandullo cheo, pero bueno había que xogar e se fixo o que se puido.
Fumos ata o campo, tal e como nos dixo Jou, non collimos polo pabillón, seguimos recto e chegamos ata Teo. Alí dimos có máis tonto do Pobo, que "parece mentira" pero lembroume a un de parís XDDD.
Menos mal que xusto a 5m, estaba o espabilado do pobo, e xa nos explicou.
Chegamos ao campo. A primeira cara que vin descoñecida, pero supuxen que era, foi a de paula. Evidentemente, estaba con Vero e a ela xa a vira; así que non hai que ser moi listo...
O que recoñecín fácil, foi a Brea.
O que si, custoume ao principio foi Jou, pero ao ve-lo con Brea iso xa cheiraba. O tío está feito un touro (Non penses mal Jou, que xa nos coñecemos XDDD)
E logo xa foi o partido, do que agora non vou falar, porque onte despois do partido tivemos xuntanza no Msn e queren que faga como unha rolda de prensa ou algo así.
Por tanto o único que me queda por dicir, que o resultado é o de menos (a ninguén lle gusta perder nin ás canicas pero eche o que hai) e xogamos tod@s bastantes minutos creo, tivemos bó clima, demasiado diría eu.
Así que eu penso, que podemos dar por xanzado o primeiro obxectivo, que era o máis difícil: Face-lo equipo dos chateiros e xoga-lo noso primeiro partido, esperemos que dunha larga seira deles.
Saúdos, Rac.
Ola a todos... grazas pola vosa preocupación. En primeiro lugar, dicir que o pasei xenial e que sodes uns xogadorazos e xogadorazas. Para min as MVP son Vero e Paula, non teño dúbida, e aí xa lles gañamos á RG, por aplicar a lei de igualdade.
En canto a min, teño que esperar ata luns para ver se teño o ligamento tocado. Foi unha xogada fortuita, pero o futbol e-vos así :) Xa vos contarei.
Como non podo ir facer o programa, estarei de cando en vez polo chat, así que xa nos oiremos.
Unha aperta a todas-os
1.-estou de acordo con rebo, as mulleres as m.v.p.
2.-espero q non sexa nada o teu,rebo, e pronto t recuperes.
3.-rac,a min fuches o q mais facil coñeciches xq era o mais feo,verdade?ajajaja.
4.-eu tamen o pasei moi ben convosco,ainda q fisicamente estou acabado,de q non dei pe con bola e esas cousas,pa min o mais importante era coñecervos e q pasaramos unha boa tarde,e eu creo q se conseguiu;a proxima vez a victoria caera do noso bando,qda aqi prometido
unha aperta a todos,e un saudo
Publicar un comentario