skip to main |
skip to sidebar
A última, pero non menos importante fichaxe para a quiniela de GnG...
Él é TURULETAL, natural da Coruña ainda que como ben nos fai saber, sen esquece-lo o seu Laxe da infancia. E como non podía ser doutro xeito, do Deportivo da Coruña.
O amigo TURU, fainos chegar unha foto que foi tomada enfrente o Estadio Santiago Bernabeu o dia do centenariazo do R. Madrid, cando ía ver un R. Madrid - Deportivo, na final da Copa da S. M. o rei que rematou con victoria galega (1-2). Polo R. Madrid marcou Raúl, mentres que polo dépor Sergio e Tristán (que por aquela marcaba goles xDDD).
E por último, sobre todo para as rapazas, o amigo TURU non quere desvela-las súas medidas, porque di que non son moi boas xDDD.
EsE_ChUsMaN, é por agora o último en chegar á Peña GnG. Del podemos dicir que é de Coruña, e tamén é o "BOT-eador" da canle.
E xa para ir rematando, cós que facemos a quiniela, temos a honra de presentar en exclusiva unha das primeiras fotos en internet de RG (Carlos Reboreda). Él tivo a idea de crea-lo chat #galiciaengoles onde se formou esta peña. Na actulidade galifa dende o estudio da Radio Galega e encárgase de decidir se seremos multimillonarios ou millonarios a secas cubrindo o pleno ó 15.
Rumal88 é do Corgo, de ahí o nome do seu equipo no hattrick. É aficcionado do C.D. Lugo ao que segue tódalas semanas.
Logo está Eljugador que é de Vigo, a él encántanlle as porras e as quinielas, en xeral tódolos xogos (sobre todo se gaña pasta...)
Seguimos subindo fotos dos amigos da peña. Nesta ocasión chega dende a Coruña a foto de Paula_depor, a primeira rapaza que entrou no chat e a primeira que envía a súa foto.