domingo, 9 de noviembre de 2008

Volta a quiniela

- brea (Caselas 5 e 14)- gzalo_ (Caselas 8 e 13)- RG (Pleno ó 15)- ChUsMaN (Caselas 2 e 12)- RACINGUISTA (Caselas 6 e 10)- galifar (Caselas 4 e 7)- TURULETAL (Caselas 9 e 11)- kpasajou (Caselas 1 e 3)-

O límite para meter os recadros será como sempre o Xoves pola noite, senón o recadro será sorteado co famoso Chaveiro GNG.



Os recadros que acerta o Chaveiro GNG valerán 0'5 ptos porque en ocasións ten moitos recadros. Isto modifícase tamén na clasificación da tempada pasada que queda modificada.

Saúdos

A nosa quiniela (Xornada 33)

1. Málaga - Almería x
-
2. Valladolid - Athletic
-
3. Recreativo - Atlético 2
-
4. Getafe - Español
-
5. Sevilla - Betis
-
6. Barcelona - Sporting
-
7. R. Madrid - Racing
-
8. Vilarreal - Numancia 1
-
9. Osasuna -Valencia
-
10. Elxe - As Palmas
-
11. R.Sociedad - Zaragoza
-
12. Levante - Murcia
-
13. Córdoba - Alavés 1
-
14. Celta - Castellón
-
Pleno ao 15. Mallorca - Deportivo
-
QUINIELA DE ? ACERTOS
-
Os acertos aparecerán reflexados en cor verde, mentres que os erros aparecerán en vermello precedidos da súa corrección en verde e entre parénteses.

A quiniela do famoso

De momento, nesta cuarta tempada non tivemos famosos para a nosa quiniela.
-
En breve conseguiremos numerosas quinielas coas persoas máis importantes que pasen por GnG contra os que competiremos na clasificación xeral.
-
Trala derrota ante os famosos na tempada pasada, chegou o momento de que a nosa peña espabila e consiga a súa terceira victoria na xeral =)
-
Saúdos

domingo, 26 de octubre de 2008

Clasificación da peña GnG

1. kpasajou 20 acertos

2. gzalo_ 16 acertos

3. galifar 14 acertos

4. TURULETAL 14 acertos

5. RACINGUISTA 13 acertos

6. brea 12 acertos

7. Chaveiro GnG 11'5 acertos

8. RG 9 acertos

9. eSe ChUsMaN 2 acertos
NOTA: Os acertos de RG valen 1,5 xa que só cubre unha casela que é o pleno ó 15

lunes, 15 de septiembre de 2008

Clasificación dos famosos

De momento non temos ningún famoso para clasificalo.

Un saúdo

Clasificación xeral

1. Famosos 0 acertos

2. Peña de GnG 0 acertos

jueves, 4 de septiembre de 2008

O bote

1. Famosos 0 €


2. Peña de GnG 0 €















sábado, 26 de abril de 2008

UNHA MARAVILLOSA TARDE

A data do Venres 25 de Abril do 2.008 quedará para a historia, porque botou a anda-lo equipo dos Chateiros. En Calo, xogouse o partido ente a peña e a radio. Foi unha boa tarde, con boa compaña e con bo tempo, que aproveitamos para coñecernos personalmente. Algúns xa se coñecian, como Gonza e RAC pero outros non.
O partido comezou con movemento de balón por parte dos dous conxuntos, sobre todo polo conxunto da peña, ben dirixido por RAC no medio do campo. A pesares de levar tempo sen pisar o terreo de xogo, 5 anos creo que dixo, as mañas non as perdeu. O equipo da radio pechouse atrás e o único que facían era defenderse e saír a contra con balóns largos para o seu dianteiro, que estivo sempre ben defendido por Jou.
O equipo da peña comezou a adiantar liñas e a subir cada vez con máis xogadores ó ataque, de aí que as contras fosen cada vez máis perigosas xa que os folgos non daban para baixar a defender, xa que as xogadas non se materializaban.
4-1 era o resultado no descanso, e puideron ser máis de non ser por algunha boa intervención de Rebo, o gran porteiro que nunca estivo debaixo dos paus, algunha con patada na cabeza incluida.
Durante o descanso, a charla táctica impartida polo gran capi tivo un efecto positivo. O equipo comezou a atacar con máis gañas e a pecharse mellor atrás, deixaba a posesión ó equipo da radio e saía ás contras, é dicir, intecambiaron os papeis. Con eso, e coa inestimable axuda de david Moldes, o equipo da peña foi capaz de remontar e empatar o partido.
A desesperación deixábase notar na cara dalgún xogador da radio, que vía como se lle escapaba o partido, inclusive Terio botaba as mans á cabeza desde a banda (facía de adestrador deles debido a unha lesión).
Pero 2 fallos defensivos, e a lesión de Rebo (algo ten na rodilla, xa nos informará, pero boa pinta non tiña) fixo que o equipo da radio se puxera por diante. Aínda que rapidamente empatou Jou, cun bo gol desde a súa propia area no rexeite dun corner (pa min, e non por ser eu, foi o gol do encontro, xD), os da Radio acadaron dous goles máis ó seu favor.
Polo tanto, un partido entretido, feito para pasar a tarde entre amigos e coñecernos personalmente que, polo menos pola miña parte, había moitas gañas de facelo.
Desde aquí, e xa como nota persoal, querovos dicir que a tarde foi estupenda, e que me alegrou moito coñecervos personalmente, xa que o do Chat a veces queda algo frío.
Pois iso; RAC (gran capi), Gonza (piscinas), Rumal (ese duro lateral), Galifar (o mestre da banda esquerda), Rebo (porteiraso), Paula (para ser do ordes aínda lle das ben) e Vero (a alegría en persona) quedei encantado de coñecervos e de pasar esta tarde tan agradable con vós, e esperemos vernos outra vez algún día, Terio xa nos citou para o 12 de xuño no Palacio de Congresos de Santiago para a festa de GnG, haber se podemos ir e nos volvemos a ver, que sería unha boa cousa. Espero que pensedes coma min e o vos gustara a tarde, a pesares do calor e do resultado, que para min era o de menos.
Un saúdo a todos.
Jou

Dende outro punto de vista....

Onte foi unha tarde que todos recordaremos, dende que collemos o coche para chegar a Calo ata que Terio indicou o final de encontro e todos voltamos "rebentados" para voltar a casa.

Tarde de mil anécdotas que xa comenzaron cando meu e eu atopamos o campo a 1ª e sen preguntar, feito histórico no noso historial de viaxes en coche, todo grazas ao planazo de brea xD

Logo, presentacións e momentos "históricos", a primeira foto oficial, a primeira asistencia (do mestre Rac) e o primeiro gol (obra miña xD). E a primeira falta que acabou no cubo da basura como dixo jou e con Torres parando o mesmo pau. Todos recordaremos os paradóns de Reboreda e o rápido cambio de brea polo seu inesperado cansanzo xD O mesmo brea demostrou ser o máis supersticioso do equipo cambiando as botas no descanso, e sería por iso ou cousa de meigas pero melloramos todos na 2ª metade.

A charla do descanso tamén foi espectacular, parecía o mismísimo Xoán Veiga no vestiario de Calo, e o resultado da segunda metade espectacular. A frase de jou " Gonza vamos facer tiki-taka os dous" cumpliuse a perfección, aquilo parecía o Milan como dicía David Moldes co 4-4. Logo o peor momento da tarde co a lesión de Rebo( que esperemos que se poña bo pronto), pero o sabor amargo quitousenos a todo cando o "arqueiro de Calo" clavava a pedra que tiñabamos por balón dunha punta a outra do campo e Torres faciase o lesionado.

E acabouse o partido, o premio para o m.v.p foi devolver os balóns xD e resto marchamos para a casa. Pola noite continuamos coas risas polo msn, descubrimos os segredos dos macarróns (para o próximo partido todos a macarróns eh) e tamén os problemas que tivera o pobre de Rac coa comida, este Corredoira non sabía que facer para gañar xD

Evidentemente a prensa recolleu as nosas peripecias de todo tipo. Prensa de todos os ámbitos, así Marca.com titulaba hoxe:






A nivel galego, o Faro de Vigo tamén nos recollía na súa portada.





Xa a nivel local, o Diario de Calo tira para casa e destaca a súa nova estrela.

Rolda de Prensa

Haber, pídenme que faga como unha rolda de prensa, para que non se comentan algúns dos erros de onte, no futuro.

Evidentemente non vou individualizar porque son moi esixente conmigo mesmo, e estiven PENOSO, as cousas clariñas.

Vaiamos ao tema, o partido arrincou ben, como eu vos dixen polo msn, cun 3-3-0 presionando cando se acercaban ao medio, e sen distancias entre liñas. Estivo ben incluso ata o 1-1.

Despois pois xa houbo máis distancia entre liñas, pases complicados a compañeiros (algún custou un gol), cando eu dixen que nada de compricacións patadón e para arriba. En fin que cada un se limitou a face-la guerra pola súa conta. De ahí o resultado de 5-1 ao descanso


No descanso intentamos cambiar, a un 4-2-0 que funcioou mellor, e tamén se notou que en cada equipo había un xogador máis. Pero o que non se fixo, foi o que dixemos na caseta, de tirar á porta para aproveitar as segundas xogadas.

Dacordo que Torres, estaba inspirado (seguro que se xogaba a paga do mes) pero non era Casillas.

Epor último, unha cousa que nos fastidou moito, foi á hora de face-los trocos: Temos que estar máis sincronizados, un non pode deixa-lo campo así porque sí, e ala entrar outro e xogar onde queras.

Temos que estudiar, ese tema. se entre un ou sae outro. Hai que reposicionarse, pero como ninguén avisaba, non se podía facer nada.

Veña, agardo que como me dixeches onte no msn. Isto serva para algo.

Saúdos, Rac

Goleadores

1. GONZA ---> 3 Goles.

2. JOU ---> 2 Goles.

Partes Médicos

O Xogador nº 1, lle atoparon o seguinte diágnostico. Saíndo onte ás dúas da mañán de urxencias, os médicos desconfian que poida ter tocado o ligamento, pero prefiren esperar ata luns, por que hai moita inflamación. En canto baixe un pouco, será sometido a unhas placas ou resonancia.


O Xogador nº 8 GONZA, subiuselle o xemelgo.


O Xogador nº 10 BREA, acabou o encontro con dor de corazón; él xa me entende XDDD

lunes, 21 de abril de 2008

Chat GnG vs Equipo de GnG

Comeza a conta atrás para o encontro fronte á RG; mañán Venres 25 de Abril. Ás 17:00h hai que estar no campo de Calo (Stgo), para empeza-lo partido ás 17:15h. É un campo de HERBA ARTIFICIAL.

Sabemos que o partido será,de 2 tempos de 35 minutos cada un, xa que andan xustos de efectivos. Por certo, eles van ir de Branco, a máis de un non nos fai gracia esa cor, así que a desfogar XDDD

por último, comunicar que a xente se buscou a vida ao seu xeito:

Galifar, Verónica, Rumal, Paula e Brea ---> (Van directos ata ao campo, nos seus respectivos coches)

Jonsalo ---> (O leva o pai directo ao campo tamén)

Rac ---> (Vai tamén directo con Rebo ao campo xa que lle teño que da-la equipación aínda)

Jou ---> (Tamén vai directo, por asuntos propios)

Deixamos posta a lista de convocados confeccionada polo mister Rac, asi como as diversas tácticas que utilizaremos:

1. Carlos Reboreda --> Vigo
2. Rumal --> O Corgo
3. Galifar --> Ourense
4. Verónica --> Vigo
6. Racinguista --> Ferrol
7. Kpasajou --> Galanas
8. Gonzalo --> Ponteareas
9. Paula --> Ordes
10. Brea --> Oza


E para remata-la rolda de prensa o mestre Rac deixounos unha pincelada do que pode se-la alineación titular para que os protagonista poidan se queren opinar sobre a súa posición e darlle ideas ao míster (como quere que se dirixan a él a partires de agora xD):






ros porque o mestre Rac. prefire que metamos o cu atrás e saír as contras xD.


Sen máis un cordial saúdo a todos. E noraboa aos convocados xD.

Como jonsalo se explica como o cú, aproveito a súa montaxe para que vos fagades unha idea.

Saúdos. Rac



jueves, 19 de abril de 2007

Clasificacións finais 07/08

CLASIFICACIÓN DA PEÑA GNG
-
1.
gzalo_ 42 acertos
-
2. kpasajou 39 acertos
-
3. RACINGUISTA 34 acertos
-
4. RG 29 acertos
-
5. TURULETAL 26 acertos
-
6. Chaveiro GNG 26 acertos
-
7. SaDaN 25 acertos
-
8. galifar 23 acertos
-
9. EsE ChUsMaN 9 acertos
-
CLASIFICACIÓN DOS FAMOSOS

1. Equipo de GNG - 9 acertos
-
2.Goran Maric & Tito Ramallo - 6 acertos
-
3 George Lucas - 6 acertos
-
4 Diego Costa & Queco Piña - 5 acertos
-
5 Juan Carlos Corredoira - 4 acertos

CLASIFICACIÓN XERAL

1. Famosos 30 acertos
-
2. Peña de GnG 29 acertos

Clasificacións finais 06/07

CLASIFICACIÓN DA PEÑA GNG
1. RACINGUISTA 37 acertos
2. gzalo_ 35 acertos
3. galifar 29 acertos
4. RG 27'5 acertos
5. SaDaN 21 acertos
6. Chaveiro GNG 21 acertos
7. Eljugador 19 acertos
8. McGyver77 18 acertos
9. kpasajou 11 acertos
CLASIFICACIÓN DOS FAMOSOS
1. Dani Casares 10 acertos --> (1´33€)
2. Daniel Hofkamp 9 acertos
3. Chus Baleato 9 acertos
4. Toni Ardá 9 acertos
5. Tito Ramallo 8 acertos
6. Manuel Pablo 8 acertos

7. Xoan Laxes 8 acertos

8. Gabi Tamas 7 acertos
8. Novos chateiros 6 acertos
9. Toni & Arias & Soto 6 acertos
10. Galán & Oreiro & Roberto Carlos 6 acertos
11. Pedro Ferreira 6 acertos
12. Xosé Antón Cambón 6 acertos
13. Paula_depor & _VERONICA 5 acertos
14. Alberto Freire 5 acertos
15. Gelucho 5 acertos

16. Xulio Díaz 5 acertos
17. Amador & Arbeloa 4 acertos
18. Manuel 4 acertos
19. Xosé Luis Vara 3 acertos
20. Ramiro Sorbet 3 acertos
21. Capdevila 3 acertos

22 manumene 3 acertos
CLASIFICACIÓN XERAL
1. Peña de GnG 140 acertos
2. Famosos 137 acertos

Clasificacións finais 05/06

CLASIFICACIÓN DA PEÑA GNG

1. RACINGUISTA 12 acertos

2. tordoiaenpariss 12 acertos

3. gzalo_ 9 acertos

4. Krow 9 acertos

5. RG 7'5 acertos

6. McGyver77 7 acertos

7. galifar 6 acertos

8. Eljugador 4 acertos
CLASIFICACIÓN DOS FAMOSOS
1. Pedro Munitis 8 acertos

2. Matías Lequi 7 acertos

3. Luciano 6 acertos

4. María Xosé Rodríguez 6 acertos

5. Cristina & Ana Varela 6 acertos

6. Galán & Traba & Otero 5 acertos

7. Carlos Mouriño 4 acertos

8. Xosé Arenas 4 acertos

9. Iago 3 acertos
CLASIFICACIÓN XERAL

1. Peña de gng 60 acertos

2. Famosos 50 acertos

miércoles, 18 de abril de 2007

Fotos dos famosos 05/06

Aquí poremos un arquivo coas fotos dos famosos que fan a quiniela dende o estudo da Radio Galega no programa "Galicia en Goles".

O primeiro que se animou en face-la quiniela de GnG foi Matías Lequi, defensa central do Celta de Vigo.

A segunda quiniela do famoso estivo feita por Iago. Xogador nado na Coruña e militante no Deportivo B, pero a aposta de Caparrós pola canteira estase a gañar un posto como "creador" e titular no primeiro equipo.


Este Domingo tivemos que botar man de María Xosé Rodríguez compañeira da Radio Galega que fai o programa das noites dos Sábados e Domingos despois de GnG, có programa "Máis Berberechos".

Despois do derbi, Munitis visitou a Radio Galega. Munitis está a ser un dos mellores xogadores da temporada no Deportivo e isto vaille facer acreditar o seu segundo premio Zico, como mellor xogador dos blanquiazuis.
A quiniela desta semana estivo feita por Luciano, xogador do Pontevedra que se acercou o Sábado á Radio Galega para analizar o encontro que desputaban os seus compañeiros en Castillo e que acabou coa triste derrota dos granates por 1-0 que lles complica entrar na fase de ascenso.
Por falta de tempo, entre partidos importantes e equipos que xogaban todo en GnG a quiniela foi feita polo tándem Ana Varela & Cristina García. A primeira e a productora de GnG, mentres que a segunda fai "Máis Berberechos" xusto despois do programa. Veremos que sae desta primeira quiniela de segunda e de segunda B.
Esta semana visitou GnG Carlos Mouriño, o novo presidente do Celta que falou da actualidade do clube, fichaxes e novos proxectos para que ao final, como todos os invitados acabara facendo a primeira quiniela do famoso feita por un presidente.
O Domingo, Xosé Arenas, recibiu no estudo da Radio Galega o premio Zico como máximo goleador da terceira galega e comentar a actulidade das fases de ascenso, para facer despois a quiniela.
Para a última quiniela de GnG, que era mundialista decidimos que a tiñan que facer os expertos de GnG. Turnáronse entre tres e cada un dicía un recadro:
Comezou Xoán Galán director de GnG, que controla de tódolos deportes.
O segundo membro foi Xosé Manuel Traba, que en GnG, analiza o Deportivo en Riazor xunto con Xaime Arias, pero onte falou do mundial e de paso, fixo a quiniela.
E para rematar estivo Xurxo Otero, que é o analista do Celta, pero xunto
con Traba comentou o mundial e fixo a quiniela.

Fotos dos famosos 06/07

Comeza unha nova temporada. A primeira quiniela do ano está feita por Alberto Freire que a fixo en directo para o chat de GnG. A falta de foto facendo a quiniela collemos a primeira que puidemos do blog de Reboreda.



Continuamos este arquivo de fotos con 3 colaboradores de GnG que fixeron a quiniela. Eles son: Toni López, Xaime Arias e Gonzalo Soto.


Novamente un trío de xente que participa en GnG, e que fai a quiniela. De esquerda a dereita: Roberto Carlos Carballo, Xoán Galán e Xavier Oreiro.


Esta semana fixo a quiniela Dani Casares, que é o que leva a realización técnica do GnG.
Por primeira vez cobramos (1´33€). Ten gracia, porque ao longo de todo este tempo, pasaron moitas persoas "entendidas" de fútbol, e acertamos có único que
non ten idea... (XDDD)

Hoxe fixo para nós a quiniela,Chus Baleato, adestrador do Santa Comba. Convírtese así no primeiro adestrador en face-la esta temporada.
Gelucho, o ex-adestrador do Negreira tamén fixo a quiniela do famoso, aí tedes a súa foto nos estudos da RG.


Toni Ardá, o Adestrador de Negreira, foi o seguinte en colaborar con nós facendo a quiniela.
Esta semana, fixeron a quiniela un madridista, como Arbeloa, (agora deportivista) , e un barcelonista, Amador, o gran porteiro de Madrid e Barça.


Daniel Hofkamp, novo redactor de GnG que está en prácticas quixo probar sorte tamén.

Seguindo na liña de adestradores, agora imos có do Portovo, Pedro Ferreira que tamén visitou as instalacións da RG e aproveitou para face-la quiniela.
Nesta ocasión, o turno tocoulle a Tito Ramallo, adestrador do Fabril.
Outro que non deixou escapar a oportunidade, de facernos millonarios, foi Xosé Luis Vara.

Este Sábado, aproveitando a visita de Xosé Antón Cambón, que comentou os partidos de 1ª, tamén fixo a quiniela da semana que vén.
O Deportivista, Manuel Pablo, que saiu dunha longa lesión foi outro dos que pasou unha tarde galifante en GnG e como non podía ser menos tamén fixo a quiniela..

O adestrador do Cerceda, Ramiro Sorbet, foi outro dos que colaborou con nós facendo a quiniela.
Joan Capdevila, xogador do Deportivo, pasou por GnG e fixo para nós a quiniela.
O xogador do Celta, Gabi Tamas, pasou polos estudos de GnG para repasa-la actualidade do Celta, e fixo para nós a quiniela.

O seguinte en pasar foi Manuel Mosquera, adestrador do Cerceda e exfutbolista do Compostela (cando militou en 1ª) e do extremadura entre outros. Manuel estivo comentando os partidos do Sábado e ao remate, fixo para nós a quiniela.


Esta semán o invitado de GnG, foi Xulio Díaz, adestrador do Negreira. O Cal comentou os partidos da xornada de 1ª, e como soen facer case tódolos invitados, fixo a quiniela da peña.



Este Sábado, foi Xoan Laxes, o adestrador do Arousa, o que pasou polas instalacións de GnG, a comentar e analizar os partidos da xornada en 1ª división. E como non podía ser doutro xeito, non se lle escapou a Reboreda para face-la quiniela.

Fotos dos famosos 07/08

O primeiro en abrir esta temporada é Juan Carlos Corredoira, Ex asistente de Rául García de Loza, e agora fai en GnG o sempre dificil labor de "defende-los" sres. de "negro".



Nesta xornada, non tiñamos famoso. Así que tivemos que tirar do que había por "casa" XDDD

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Raúl Villares (Novo director de GnG), o Míster Oreiro (Unha temporada máis deleitándonos cós seus comentarios futbolísticos), Roberto Carlos Carballo (O encargado, durante GnG, de actualiza-los marcadores de 1ª e 2ª división), Juan Carlos Corredoira (Ex asistente de Raúl García de Loza e agora comenta o labor arbitral en GnG) e por último e non por iso menos importante, Carlos Reboreda (Que esta temporada ten máis chollo a parte de estar atento ao seu "querido" trebello para face-las publis o "Instant replay").




















RACINGUISTA

Un dos poucos siareiros do Rácing de Ferrol que hai na canle, como o seu nome ben indica: RACINGUISTA. Del pódese dicir que é de Ferrol, e que a súa gran paixón son os irmáns VEIGAS.

PALMARÉS








(gañador da quiniela 05/06)













(Gañador do I trofeo HT-GnG)








(Gañador do III trofeo HT-GnG)