domingo, 26 de octubre de 2008

Clasificación da peña GnG

1. kpasajou 20 acertos

2. gzalo_ 16 acertos

3. galifar 14 acertos

4. TURULETAL 14 acertos

5. RACINGUISTA 13 acertos

6. brea 12 acertos

7. Chaveiro GnG 11'5 acertos

8. RG 9 acertos

9. eSe ChUsMaN 2 acertos
NOTA: Os acertos de RG valen 1,5 xa que só cubre unha casela que é o pleno ó 15

lunes, 15 de septiembre de 2008

Clasificación dos famosos

De momento non temos ningún famoso para clasificalo.

Un saúdo

Clasificación xeral

1. Famosos 0 acertos

2. Peña de GnG 0 acertos

jueves, 4 de septiembre de 2008

O bote

1. Famosos 0 €


2. Peña de GnG 0 €















sábado, 26 de abril de 2008

UNHA MARAVILLOSA TARDE

A data do Venres 25 de Abril do 2.008 quedará para a historia, porque botou a anda-lo equipo dos Chateiros. En Calo, xogouse o partido ente a peña e a radio. Foi unha boa tarde, con boa compaña e con bo tempo, que aproveitamos para coñecernos personalmente. Algúns xa se coñecian, como Gonza e RAC pero outros non.
O partido comezou con movemento de balón por parte dos dous conxuntos, sobre todo polo conxunto da peña, ben dirixido por RAC no medio do campo. A pesares de levar tempo sen pisar o terreo de xogo, 5 anos creo que dixo, as mañas non as perdeu. O equipo da radio pechouse atrás e o único que facían era defenderse e saír a contra con balóns largos para o seu dianteiro, que estivo sempre ben defendido por Jou.
O equipo da peña comezou a adiantar liñas e a subir cada vez con máis xogadores ó ataque, de aí que as contras fosen cada vez máis perigosas xa que os folgos non daban para baixar a defender, xa que as xogadas non se materializaban.
4-1 era o resultado no descanso, e puideron ser máis de non ser por algunha boa intervención de Rebo, o gran porteiro que nunca estivo debaixo dos paus, algunha con patada na cabeza incluida.
Durante o descanso, a charla táctica impartida polo gran capi tivo un efecto positivo. O equipo comezou a atacar con máis gañas e a pecharse mellor atrás, deixaba a posesión ó equipo da radio e saía ás contras, é dicir, intecambiaron os papeis. Con eso, e coa inestimable axuda de david Moldes, o equipo da peña foi capaz de remontar e empatar o partido.
A desesperación deixábase notar na cara dalgún xogador da radio, que vía como se lle escapaba o partido, inclusive Terio botaba as mans á cabeza desde a banda (facía de adestrador deles debido a unha lesión).
Pero 2 fallos defensivos, e a lesión de Rebo (algo ten na rodilla, xa nos informará, pero boa pinta non tiña) fixo que o equipo da radio se puxera por diante. Aínda que rapidamente empatou Jou, cun bo gol desde a súa propia area no rexeite dun corner (pa min, e non por ser eu, foi o gol do encontro, xD), os da Radio acadaron dous goles máis ó seu favor.
Polo tanto, un partido entretido, feito para pasar a tarde entre amigos e coñecernos personalmente que, polo menos pola miña parte, había moitas gañas de facelo.
Desde aquí, e xa como nota persoal, querovos dicir que a tarde foi estupenda, e que me alegrou moito coñecervos personalmente, xa que o do Chat a veces queda algo frío.
Pois iso; RAC (gran capi), Gonza (piscinas), Rumal (ese duro lateral), Galifar (o mestre da banda esquerda), Rebo (porteiraso), Paula (para ser do ordes aínda lle das ben) e Vero (a alegría en persona) quedei encantado de coñecervos e de pasar esta tarde tan agradable con vós, e esperemos vernos outra vez algún día, Terio xa nos citou para o 12 de xuño no Palacio de Congresos de Santiago para a festa de GnG, haber se podemos ir e nos volvemos a ver, que sería unha boa cousa. Espero que pensedes coma min e o vos gustara a tarde, a pesares do calor e do resultado, que para min era o de menos.
Un saúdo a todos.
Jou

Dende outro punto de vista....

Onte foi unha tarde que todos recordaremos, dende que collemos o coche para chegar a Calo ata que Terio indicou o final de encontro e todos voltamos "rebentados" para voltar a casa.

Tarde de mil anécdotas que xa comenzaron cando meu e eu atopamos o campo a 1ª e sen preguntar, feito histórico no noso historial de viaxes en coche, todo grazas ao planazo de brea xD

Logo, presentacións e momentos "históricos", a primeira foto oficial, a primeira asistencia (do mestre Rac) e o primeiro gol (obra miña xD). E a primeira falta que acabou no cubo da basura como dixo jou e con Torres parando o mesmo pau. Todos recordaremos os paradóns de Reboreda e o rápido cambio de brea polo seu inesperado cansanzo xD O mesmo brea demostrou ser o máis supersticioso do equipo cambiando as botas no descanso, e sería por iso ou cousa de meigas pero melloramos todos na 2ª metade.

A charla do descanso tamén foi espectacular, parecía o mismísimo Xoán Veiga no vestiario de Calo, e o resultado da segunda metade espectacular. A frase de jou " Gonza vamos facer tiki-taka os dous" cumpliuse a perfección, aquilo parecía o Milan como dicía David Moldes co 4-4. Logo o peor momento da tarde co a lesión de Rebo( que esperemos que se poña bo pronto), pero o sabor amargo quitousenos a todo cando o "arqueiro de Calo" clavava a pedra que tiñabamos por balón dunha punta a outra do campo e Torres faciase o lesionado.

E acabouse o partido, o premio para o m.v.p foi devolver os balóns xD e resto marchamos para a casa. Pola noite continuamos coas risas polo msn, descubrimos os segredos dos macarróns (para o próximo partido todos a macarróns eh) e tamén os problemas que tivera o pobre de Rac coa comida, este Corredoira non sabía que facer para gañar xD

Evidentemente a prensa recolleu as nosas peripecias de todo tipo. Prensa de todos os ámbitos, así Marca.com titulaba hoxe:






A nivel galego, o Faro de Vigo tamén nos recollía na súa portada.





Xa a nivel local, o Diario de Calo tira para casa e destaca a súa nova estrela.