domingo, 9 de noviembre de 2008

Volta a quiniela

- brea (Caselas 5 e 14)- gzalo_ (Caselas 8 e 13)- RG (Pleno ó 15)- ChUsMaN (Caselas 2 e 12)- RACINGUISTA (Caselas 6 e 10)- galifar (Caselas 4 e 7)- TURULETAL (Caselas 9 e 11)- kpasajou (Caselas 1 e 3)-

O límite para meter os recadros será como sempre o Xoves pola noite, senón o recadro será sorteado co famoso Chaveiro GNG.



Os recadros que acerta o Chaveiro GNG valerán 0'5 ptos porque en ocasións ten moitos recadros. Isto modifícase tamén na clasificación da tempada pasada que queda modificada.

Saúdos

A nosa quiniela (Xornada 33)

1. Málaga - Almería x
-
2. Valladolid - Athletic
-
3. Recreativo - Atlético 2
-
4. Getafe - Español
-
5. Sevilla - Betis
-
6. Barcelona - Sporting
-
7. R. Madrid - Racing
-
8. Vilarreal - Numancia 1
-
9. Osasuna -Valencia
-
10. Elxe - As Palmas
-
11. R.Sociedad - Zaragoza
-
12. Levante - Murcia
-
13. Córdoba - Alavés 1
-
14. Celta - Castellón
-
Pleno ao 15. Mallorca - Deportivo
-
QUINIELA DE ? ACERTOS
-
Os acertos aparecerán reflexados en cor verde, mentres que os erros aparecerán en vermello precedidos da súa corrección en verde e entre parénteses.

A quiniela do famoso

De momento, nesta cuarta tempada non tivemos famosos para a nosa quiniela.
-
En breve conseguiremos numerosas quinielas coas persoas máis importantes que pasen por GnG contra os que competiremos na clasificación xeral.
-
Trala derrota ante os famosos na tempada pasada, chegou o momento de que a nosa peña espabila e consiga a súa terceira victoria na xeral =)
-
Saúdos

domingo, 26 de octubre de 2008

Clasificación da peña GnG

1. kpasajou 20 acertos

2. gzalo_ 16 acertos

3. galifar 14 acertos

4. TURULETAL 14 acertos

5. RACINGUISTA 13 acertos

6. brea 12 acertos

7. Chaveiro GnG 11'5 acertos

8. RG 9 acertos

9. eSe ChUsMaN 2 acertos
NOTA: Os acertos de RG valen 1,5 xa que só cubre unha casela que é o pleno ó 15

lunes, 15 de septiembre de 2008

Clasificación dos famosos

De momento non temos ningún famoso para clasificalo.

Un saúdo

Clasificación xeral

1. Famosos 0 acertos

2. Peña de GnG 0 acertos

jueves, 4 de septiembre de 2008

O bote

1. Famosos 0 €


2. Peña de GnG 0 €















sábado, 26 de abril de 2008

UNHA MARAVILLOSA TARDE

A data do Venres 25 de Abril do 2.008 quedará para a historia, porque botou a anda-lo equipo dos Chateiros. En Calo, xogouse o partido ente a peña e a radio. Foi unha boa tarde, con boa compaña e con bo tempo, que aproveitamos para coñecernos personalmente. Algúns xa se coñecian, como Gonza e RAC pero outros non.
O partido comezou con movemento de balón por parte dos dous conxuntos, sobre todo polo conxunto da peña, ben dirixido por RAC no medio do campo. A pesares de levar tempo sen pisar o terreo de xogo, 5 anos creo que dixo, as mañas non as perdeu. O equipo da radio pechouse atrás e o único que facían era defenderse e saír a contra con balóns largos para o seu dianteiro, que estivo sempre ben defendido por Jou.
O equipo da peña comezou a adiantar liñas e a subir cada vez con máis xogadores ó ataque, de aí que as contras fosen cada vez máis perigosas xa que os folgos non daban para baixar a defender, xa que as xogadas non se materializaban.
4-1 era o resultado no descanso, e puideron ser máis de non ser por algunha boa intervención de Rebo, o gran porteiro que nunca estivo debaixo dos paus, algunha con patada na cabeza incluida.
Durante o descanso, a charla táctica impartida polo gran capi tivo un efecto positivo. O equipo comezou a atacar con máis gañas e a pecharse mellor atrás, deixaba a posesión ó equipo da radio e saía ás contras, é dicir, intecambiaron os papeis. Con eso, e coa inestimable axuda de david Moldes, o equipo da peña foi capaz de remontar e empatar o partido.
A desesperación deixábase notar na cara dalgún xogador da radio, que vía como se lle escapaba o partido, inclusive Terio botaba as mans á cabeza desde a banda (facía de adestrador deles debido a unha lesión).
Pero 2 fallos defensivos, e a lesión de Rebo (algo ten na rodilla, xa nos informará, pero boa pinta non tiña) fixo que o equipo da radio se puxera por diante. Aínda que rapidamente empatou Jou, cun bo gol desde a súa propia area no rexeite dun corner (pa min, e non por ser eu, foi o gol do encontro, xD), os da Radio acadaron dous goles máis ó seu favor.
Polo tanto, un partido entretido, feito para pasar a tarde entre amigos e coñecernos personalmente que, polo menos pola miña parte, había moitas gañas de facelo.
Desde aquí, e xa como nota persoal, querovos dicir que a tarde foi estupenda, e que me alegrou moito coñecervos personalmente, xa que o do Chat a veces queda algo frío.
Pois iso; RAC (gran capi), Gonza (piscinas), Rumal (ese duro lateral), Galifar (o mestre da banda esquerda), Rebo (porteiraso), Paula (para ser do ordes aínda lle das ben) e Vero (a alegría en persona) quedei encantado de coñecervos e de pasar esta tarde tan agradable con vós, e esperemos vernos outra vez algún día, Terio xa nos citou para o 12 de xuño no Palacio de Congresos de Santiago para a festa de GnG, haber se podemos ir e nos volvemos a ver, que sería unha boa cousa. Espero que pensedes coma min e o vos gustara a tarde, a pesares do calor e do resultado, que para min era o de menos.
Un saúdo a todos.
Jou

Dende outro punto de vista....

Onte foi unha tarde que todos recordaremos, dende que collemos o coche para chegar a Calo ata que Terio indicou o final de encontro e todos voltamos "rebentados" para voltar a casa.

Tarde de mil anécdotas que xa comenzaron cando meu e eu atopamos o campo a 1ª e sen preguntar, feito histórico no noso historial de viaxes en coche, todo grazas ao planazo de brea xD

Logo, presentacións e momentos "históricos", a primeira foto oficial, a primeira asistencia (do mestre Rac) e o primeiro gol (obra miña xD). E a primeira falta que acabou no cubo da basura como dixo jou e con Torres parando o mesmo pau. Todos recordaremos os paradóns de Reboreda e o rápido cambio de brea polo seu inesperado cansanzo xD O mesmo brea demostrou ser o máis supersticioso do equipo cambiando as botas no descanso, e sería por iso ou cousa de meigas pero melloramos todos na 2ª metade.

A charla do descanso tamén foi espectacular, parecía o mismísimo Xoán Veiga no vestiario de Calo, e o resultado da segunda metade espectacular. A frase de jou " Gonza vamos facer tiki-taka os dous" cumpliuse a perfección, aquilo parecía o Milan como dicía David Moldes co 4-4. Logo o peor momento da tarde co a lesión de Rebo( que esperemos que se poña bo pronto), pero o sabor amargo quitousenos a todo cando o "arqueiro de Calo" clavava a pedra que tiñabamos por balón dunha punta a outra do campo e Torres faciase o lesionado.

E acabouse o partido, o premio para o m.v.p foi devolver os balóns xD e resto marchamos para a casa. Pola noite continuamos coas risas polo msn, descubrimos os segredos dos macarróns (para o próximo partido todos a macarróns eh) e tamén os problemas que tivera o pobre de Rac coa comida, este Corredoira non sabía que facer para gañar xD

Evidentemente a prensa recolleu as nosas peripecias de todo tipo. Prensa de todos os ámbitos, así Marca.com titulaba hoxe:






A nivel galego, o Faro de Vigo tamén nos recollía na súa portada.





Xa a nivel local, o Diario de Calo tira para casa e destaca a súa nova estrela.

Rolda de Prensa

Haber, pídenme que faga como unha rolda de prensa, para que non se comentan algúns dos erros de onte, no futuro.

Evidentemente non vou individualizar porque son moi esixente conmigo mesmo, e estiven PENOSO, as cousas clariñas.

Vaiamos ao tema, o partido arrincou ben, como eu vos dixen polo msn, cun 3-3-0 presionando cando se acercaban ao medio, e sen distancias entre liñas. Estivo ben incluso ata o 1-1.

Despois pois xa houbo máis distancia entre liñas, pases complicados a compañeiros (algún custou un gol), cando eu dixen que nada de compricacións patadón e para arriba. En fin que cada un se limitou a face-la guerra pola súa conta. De ahí o resultado de 5-1 ao descanso


No descanso intentamos cambiar, a un 4-2-0 que funcioou mellor, e tamén se notou que en cada equipo había un xogador máis. Pero o que non se fixo, foi o que dixemos na caseta, de tirar á porta para aproveitar as segundas xogadas.

Dacordo que Torres, estaba inspirado (seguro que se xogaba a paga do mes) pero non era Casillas.

Epor último, unha cousa que nos fastidou moito, foi á hora de face-los trocos: Temos que estar máis sincronizados, un non pode deixa-lo campo así porque sí, e ala entrar outro e xogar onde queras.

Temos que estudiar, ese tema. se entre un ou sae outro. Hai que reposicionarse, pero como ninguén avisaba, non se podía facer nada.

Veña, agardo que como me dixeches onte no msn. Isto serva para algo.

Saúdos, Rac

Goleadores

1. GONZA ---> 3 Goles.

2. JOU ---> 2 Goles.

Partes Médicos

O Xogador nº 1, lle atoparon o seguinte diágnostico. Saíndo onte ás dúas da mañán de urxencias, os médicos desconfian que poida ter tocado o ligamento, pero prefiren esperar ata luns, por que hai moita inflamación. En canto baixe un pouco, será sometido a unhas placas ou resonancia.


O Xogador nº 8 GONZA, subiuselle o xemelgo.


O Xogador nº 10 BREA, acabou o encontro con dor de corazón; él xa me entende XDDD

lunes, 21 de abril de 2008

Chat GnG vs Equipo de GnG

Comeza a conta atrás para o encontro fronte á RG; mañán Venres 25 de Abril. Ás 17:00h hai que estar no campo de Calo (Stgo), para empeza-lo partido ás 17:15h. É un campo de HERBA ARTIFICIAL.

Sabemos que o partido será,de 2 tempos de 35 minutos cada un, xa que andan xustos de efectivos. Por certo, eles van ir de Branco, a máis de un non nos fai gracia esa cor, así que a desfogar XDDD

por último, comunicar que a xente se buscou a vida ao seu xeito:

Galifar, Verónica, Rumal, Paula e Brea ---> (Van directos ata ao campo, nos seus respectivos coches)

Jonsalo ---> (O leva o pai directo ao campo tamén)

Rac ---> (Vai tamén directo con Rebo ao campo xa que lle teño que da-la equipación aínda)

Jou ---> (Tamén vai directo, por asuntos propios)

Deixamos posta a lista de convocados confeccionada polo mister Rac, asi como as diversas tácticas que utilizaremos:

1. Carlos Reboreda --> Vigo
2. Rumal --> O Corgo
3. Galifar --> Ourense
4. Verónica --> Vigo
6. Racinguista --> Ferrol
7. Kpasajou --> Galanas
8. Gonzalo --> Ponteareas
9. Paula --> Ordes
10. Brea --> Oza


E para remata-la rolda de prensa o mestre Rac deixounos unha pincelada do que pode se-la alineación titular para que os protagonista poidan se queren opinar sobre a súa posición e darlle ideas ao míster (como quere que se dirixan a él a partires de agora xD):






ros porque o mestre Rac. prefire que metamos o cu atrás e saír as contras xD.


Sen máis un cordial saúdo a todos. E noraboa aos convocados xD.

Como jonsalo se explica como o cú, aproveito a súa montaxe para que vos fagades unha idea.

Saúdos. Rac