1. gzalo_ 42 acertos
1. Equipo de GNG - 9 acertos
-
2.Goran Maric & Tito Ramallo - 6 acertos
-
3 George Lucas - 6 acertos
-
4 Diego Costa & Queco Piña - 5 acertos
-
5 Juan Carlos Corredoira - 4 acertos
CLASIFICACIÓN XERAL
BENVIDO Ó LUGAR PARA DAR A TÚA OPINIÓN SOBRE OS TEMAS QUINIELISTICOS E FACERTE MILLONARIO GRAZAS ÓS OINTES DE GnG DA RADIO GALEGA. DENDE O CHAT OFICIAL DO PROGRAMA NO IRC HISPANO #galiciaengoles, VIVIMOS TODA A EMOCIÓN DO DEPORTE GALEGO MENTRES DISFRUTAMOS CHATEANDO ENTRE NÓS.
CLASIFICACIÓN XERAL
A segunda quiniela do famoso estivo feita por Iago. Xogador nado na Coruña e militante no Deportivo B, pero a aposta de Caparrós pola canteira estase a gañar un posto como "creador" e titular no primeiro equipo.
Este Domingo tivemos que botar man de María Xosé Rodríguez compañeira da Radio Galega que fai o programa das noites dos Sábados e Domingos despois de GnG, có programa "Máis Berberechos".
Continuamos este arquivo de fotos con 3 colaboradores de GnG que fixeron a quiniela. Eles son: Toni López, Xaime Arias e Gonzalo Soto.
Novamente un trío de xente que participa en GnG, e que fai a quiniela. De esquerda a dereita: Roberto Carlos Carballo, Xoán Galán e Xavier Oreiro.
Esta semana fixo a quiniela Dani Casares, que é o que leva a realización técnica do GnG.
Por primeira vez cobramos (1´33€). Ten gracia, porque ao longo de todo este tempo, pasaron moitas persoas "entendidas" de fútbol, e acertamos có único que non ten idea... (XDDD)
Hoxe fixo para nós a quiniela,Chus Baleato, adestrador do Santa Comba. Convírtese así no primeiro adestrador en face-la esta temporada.
Gelucho, o ex-adestrador do Negreira tamén fixo a quiniela do famoso, aí tedes a súa foto nos estudos da RG.
Toni Ardá, o Adestrador de Negreira, foi o seguinte en colaborar con nós facendo a quiniela.
Esta semana, fixeron a quiniela un madridista, como Arbeloa, (agora deportivista) , e un barcelonista, Amador, o gran porteiro de Madrid e Barça.
O seguinte en pasar foi Manuel Mosquera, adestrador do Cerceda e exfutbolista do Compostela (cando militou en 1ª) e do extremadura entre outros. Manuel estivo comentando os partidos do Sábado e ao remate, fixo para nós a quiniela.